Hábitat
Ocupa todo tipo de biótopos e pódese atopar onde haxa auga dispoñible, xa sexa permanente ou semipermanente. É unha ra nada esixente coa calidade da auga, podendo estar presente en augas eutróficas e mesmo con certo grao de contaminación xenobiótica. Tolera ben a salinidade, polo que tamén poderemos atopala en dunas e areais costeiros.
Función
Tanto as larvas como os individuos adultos desta especie supoñen un importante recurso trófico; as súas larvas son presa de macroinvertebrados acuáticos como libélulas e ditíscidos, mentres que os adultos son alimento de especies como as garzas (Ardea cinerea), aves rapaces como o miñato negro (Milvus migrans), londra (Lutra lutra), etc. Como predador aliméntase de moitos invertebrados, contribuíndo ao control demográfico das poboacións de insectos. Polo tanto, exerce unha dobre función: recurso trófico e contribución no control de pragas.

Ficha (30 Kb)
