Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Miñoca de terra (Lumbricus spp.)

Hábitat

As miñocas de terra teñen respiración cutánea, é dicir, toman o oxíxeno e despréndense do dióxido de carbono directamente a través da pel, polo que precisan que esta estea sempre húmida. Atoparémolas nun chan húmido e con abundante materia orgánica. Se a temperatura fóra do chan non é alta, pode verse nas súas capas superiores, migrando en profundidade cando a temperatura é elevada.

Función

O importante papel ecolóxico das lombrigas de terra xa foi demostrado por Charles Darwin en 1881 na obra A formación da terra vexetal grazas á acción da miñoca de terra. A principal función das miñocas de terra é a descomposición e ciclaxe de nutrientes. Teñen un importante papel na ecoloxía do solo, posto que realizan a remoción, oxixenación e disgregación deste. Ademais de oxixenar o chan, os seus residuos conteñen moito nitróxeno, polo que son un magnífico fertilizante natural. Todo isto dálle ao solo unhas condicións óptimas que contribúen ao crecemento das plantas.

Constitúen así mesmo un importante recurso trófico para moitos animais, como toupas, musarañas e aves como o merlo e os tordos.

Ficha (21 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS