Hábitat
As laminarias (Laminaria ochroleuca, L. hyperborea, L. saccharina), así como a afín Saccorhiza polyschides, pertencen ao grupo de algas pardas que forman os grandes "bosques" mariños do mesolitoral inferior e do infralitoral. Viven fixadas ás rochas por medio dos seus rizoides. É moi habitual ver emerxer os "talos" das laminarias e de Saccorhizza polyschides durante as mareas baixas máis intensas.
Función
Nelas habitan unha grande variedade de especies animais do bentos e plantas, as cales utilizan estas formacións como trofobiótopo (por ejemplo o ourizo de mar Paracentrotus lividus ou a saboga Sarpa salpa) ou como refuxio, pegados á superficie dos seus corpos, como o caso da alga epífita Rhodimenia pseudopalmata, ou vivindo baixo a protección que ofrecen os seus rizoides. Constitúen ambientes moi importantes para o mantemento da vida nos fondos mariños de natureza rochosa.

Ficha (31 Kb)
