Hábitat
O feo de praia (Ammophila arenaria subsp. australis) podémolo atopar en moitos areais costeiros de Galicia, principalmente no cinto de vexetación das dunas móbiles secundarias (Othanto maritimae-Ammophiletum arenaria).
Función
É unha planta importante que contribúe á estabilización e fixación dos sistemas dunares, permitindo que outras especies colonicen este hábitat; constitúe ademais unha barreira protectora contra o vento mariño para aquelas especies vexetais que crecen en posicións máis atrasadas (dunas terciarias ou grises). É unha das plantas mellor adaptadas a este tipo de ambientes móbiles.
Ademais de toda esta batería de funcións naturais, o ameneiro tamén foi utilizado polo ser humano na repoboación e recuperación de terreos pobres e zonas húmidas, como poden ser as turbeiras degradadas por actividades antrópicas (canteiras, apertura de pistas, incendios...).

Ficha (31 Kb)
Nome común
Feo de praia
Nome científico
Ammophila arenaria subsp. australis
Clase
Plantas superiores
Familia
Poaceae
