Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Carrizo (Phragmites australis)

Hábitat

O carrizo (Phragmites australis) é unha gramínea alta (pode alcanzar unha altura de ata 4 m) que adoita crecer en chans húmidos e beiras de cursos de auga e lagoas (helófito), en zonas de augas doce ou moi debilmente salinas. En ríos, a carriceira adóitase localizar fundamentalmente nos tramos máis baixos, alí onde a velocidade da auga permite o enraizamento da planta, frecuentemente en zonas asociadas á zona de alto esteiro, onde se produce o embalsamento de auga doce coa suba das mareas (i.e. parte baixa do Ulla ao seu paso por Dodro, que constitúe unha das formacións de carriceira máis extensas de Galicia).

Función

Trátase dunha especie con importantes funcións ecolóxicas. Entre elas destaca a formación de chan grazas á achega de biomasa, así como o mantemento estrutural deste por medio do sistema radical da planta. Ademais disto, o porte e cobertura destas formacións de carriceira fan dela un lugar idóneo para a nidificación de moitas especies de aves propias de zonas húmidas (Emberiza schoeniclus, Acrocephalus spp. Locustella spp, Gallinula chloropus, Fulica atra, Rallus aquaticus, etc.).

Ficha (31 Kb)

Nome común
Carrizo
Nome científico
Phragmites australis
Clase
Plantas superiores
Familia
Poaceae


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS