Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Arando (Vaccinium myrtillus)

Hábitat

En Galicia podémolos atopar en bosques sobre chans ácidos, preferentemente en áreas de media-alta montaña. O arando é un especie diferencial dun tipo concreto de carballeira montana galaico-portuguesa presente no interior de Galicia: o Vaccinio myrtilli-Quercetum roboris.

Función

Arbusto que constitúe unha importante fonte alimenticia para unha infinidade de animais silvestres, que complementan a súa dieta cos seus froitos carnosos, como por exemplo o tordo común (Turdus philomelos), o corzo (Capreolus capreolus) ou o rato de campo (Apodemus sylvaticus). Algún deles, por medio das súas dexeccións, contribúen á dispersión das sementes do arando.

Ficha (31 Kb)

Nome común
Arando
Nome científico
Vaccinium myrtillus
Clase
Plantas superiores
Familia
Ericaceae


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS