Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Acivro (Ilex acuifolium)

Hábitat

O acivro en Galicia é unha especie frecuente nos estratos arbustivo e subarbustivo dos bosques instalados sobre chans ácidos. Ás veces forma masas monoespecíficas, como por exemplo na Serra dos Ancares e Manzaneda-Invernadeiro. É unha especie típica do piso montano, baixo ombroclima húmido e hiperhúmido e supramediterráneo húmido, e do piso colino húmido e hiperhúmido.

Función

Especie de alto valor ecolóxico que lles ofrece refuxio e alimento en inverno a moitas especies de animais silvestres, entre os que cabe citar os leiróns careto (Eliomys quercinus) e gris (Glis glis), o corzo (Capreolus capreolus) e, onde a haxa, a pita do monte cantábrica (Tetrao urogallus). O seu froito madura nunha época do ano en que o alimento escasea, polo que esta especie xoga un importante papel trófico nos meses máis desfavorables para a fauna.

En certos casos, parece actuar como etapa subserial das carballeiras e bidueirais montanos.

Ficha (31 Kb)

Nome común
Acivro
Nome científico
Ilex acuifolium
Clase
Plantas superiores
Familia
Aquifoliaceae


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS