Descrición
Planta perenne, con talos de ata 40 cm pouco ramificados e as follas máis ou menos dentadas. Conxunto de brácteas pequenas situado na base dunha inflorescencia, lixeiramente pilosas. As flores son liguladas e de cor branca. O froito é un aquenio pequeno, obovoide, que se pode dispersar por vento e chuvia ou por formigas.
Demografía
Os incendios alteran de forma imprevisible a dinámica poboacional da especie, chegando incluso a facela desaparecer por completo. En condicións naturais hai un equilibrio entre as plantas adultas que morren e as novas que nacen.
Hábitat
Habita en pasteiros, matogueira aberta e ocasionalmente bordos de camiños, habitualmente sobre solos de escaso espesor. Atópase sobre rochas ultrabásicas (serpentinitas e peridotitos).
Distribución
Especie endémica de Galicia. Encóntrase en afloramentos puntuais de rochas ultrabásicas do terzo meridional de Melide. A maioría das poboacións desta especie atópanse protexidas pola Directiva Hábitat (Dir. 92/43/CEE) e encóntranse dentro do LIC Serra do Careón.
Estado de conservación
Especie ameazada pola crecente destrución dos seus hábitats como consecuencia da transformación do seu medio en cultivos.
Categoría de conservación
En perigo de extinción.

Ficha (28 Kb)
