Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Leontodon farinosus (Leontodon farinosus)

Descrición

Herbácea con roseta basal de follas pinnatífidas. Presenta un ou varios talos áfilos de 15-20 cm que non se ramifican e que terminan nun único capítulo de flores amarelas. O nome específico fai referencia ao aspecto abrancazado (como a fariña) que lle dá a densa pilosidade branca que presentan as partes verdes da planta.

Reprodución

Entomófila.

Hábitat

Paredes e repisas de calcaria.

Distribución

Endémica do noroeste ibérico: montes Aquilianos, Caurel e a serra da Enciña da Lastra.

Categoría de conservación

Vulnerábel.

Ficha (34 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS