Descrición
Planta perenne moi cespitosa. Nesta especie as follas teñen forma ovada. As espigas, con 5 a 6 flores, están formadas por dúas glumas desiguais e cada lemna presenta unha aresta de ata 2 mm.
Reprodución
As flores son hermafroditas e a polinización prodúcese polo vento.
Hábitat
Vive sobre substratos ultrabásicos. Medra en fendas e fisuras, en zonas pedregosas e bordos de acantilado.
Distribución
Endemismo galego cuxa área de distribución se restrinxe á provincia da Coruña, concretamente nos afloramentos ultrabásicos da Capelada e, máis cara ao interior, localízase no contorno de Moeche, tamén sobre rochas ultrabásicas.
Estado de conservación
Abundante onde aparece. A alteración ou destrución do hábitat polo pastoreo e a pisadura nalgunhas das poboacións é a súa ameaza.
Categoría de conservación
Vulnerábel.

Ficha (34 Kb)
