Descrición
Planta erguida. Follas de bordo serrado que nunca se dispoñen formando rosetas, carácter que as diferencia doutras especies similares. As flores son hermafroditas con polinización por medio de insectos (entomofilia). A dispersión dos froitos realízase por autocoria explosiva ao abrirse bruscamente as cápsulas.
Demografía
Moitas delas encóntranse nunha enorme regresión e algunhas, como a de Lamas (A Coruña), están drasticamente reducidas.
Hábitat
Vive fundamentalmente en matogueiras hidrófilas da Genisto berbereideae-Ericetum tetracilis (uceiras húmidas atlánticas de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix, segundo a Directiva 92/43/CEE).
Distribución
Localizada nunha pequena área do NO galego.
Estado de conservación
A transformación das matogueiras encharcadas en cultivos de especies forestais de crecemento rápido e pradarías para o gando, así como a urbanización dos seus hábitats constitúen unha forte ameaza para esta especie.
Categoría de conservación
En perigo de extinción.

Ficha (34 Kb)
