Descrición
Especie de lonxitude entre 5-10 cm. Esta planta ten numerosos talos, simples e ascendentes. As follas superiores teñen forma lanceolada, con bordo enteiro e simple; as inferiores son pecioladas. As flores de cor rosa-violácea encóntranse formando capítulos solitarios.
Hábitat
Vexetación endémica que se desenvolve sobre zonas serpentinizadas. Estas plantas medran en lugares onde a infertilidade do solo é elevada, por isto cobran grande interese.
Categoría de conservación
Vulnerábel.
