Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Woodwardia radicans (Woodwardia radicans)

Descrición

Fieito perenne, chega a medir ata máis de 2 m, con rizoma groso, oblicuo, densamente revestido de grandes escamas. Frondes de gran tamaño, de ata 2,5 m, arqueadas, pecíolo glabro, pardo-arroibado, densamente revestido de escamas semellantes ás do rizoma e anegrazado na súa base. Láminas de triangular a ovado-lanceoladas, divididas en numerosos segmentos alternados, longos e estreitos.

Soros oblongos, formando filas paralelas aos nervios; o indusio que recobre os soros é convexo, coriáceo. Os esporanxios están formados por esporas ovoideas, de cor amarela.

Reprodución

Mediante esporas.

Hábitat

Podemos atopalo en bosques de ribeira, vales costeiros, sombreados e de ambientes húmidos. É unha planta humidícola e acidófila, termófila en certo grao.

Distribución

Entre outros lugares, o norte da península Ibérica, sendo pouco abundante en Galicia (A Coruña).

Estado de conservación

Ameazada principalmente pola corta dos bosques de ribeira en que habita.

Categoría de conservación

Vulnerábel.

Ficha (35 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS