Descrición
Fieito reptante, perenne, presenta un rizoma superficial, delgado, cuberto de abundantes e delicados pelos. Frondes de tamaño mediano de 10 a 30 cm de lonxitude, lámina dividida 2 ou 3 veces. Soros cilíndricos, situados no extremo de segmentos modificados da fronde. As esporas dos esporanxios son de cor verde, con clorofila. Prótalos filamentosos. Indusio cilindroide, que consiste nunha membrana en forma de pequena copa da que sae un filamento (prolongación do nervio) onde se sitúa o esporanxio.
Reprodución
Mediante esporas. Formación de esporanxios, esporas e gametófitos durante todo o ano.
Hábitat
Este fieito vive en lugares de moi pouca altitude, moi sombríos e permanentemente húmidos, podendo encontralo en bosques de ribeiras ou en comunidades mixtas de briófitos e pteridófitos hidrófilos.
Distribución
Na península Ibérica queda restrinxido entre outras zonas á cornixa cantábrica. As poboacións atópanse moi dispersas. En Galicia encóntrase na provincia da Coruña.
Estado de conservación
A súa principal ameaza é a destrución dos bosques autóctonos onde se encontran debido a cortas, substitución por plantacións de eucaliptos, etc.
Categoría de conservación
Vulnerábel.

Ficha (36 Kb)
