Descrición
Planta hidrófita flotante, perenne, máis ou menos fixa ao substrato. Esta especie presenta talos flotantes, delgados, de entre 7 a 25 cm, dimórficos, uns con follas verdes e algunhas vexigas (utrículos), e outros incoloros, frecuentemente afundidos no substrato, con vexigas sobre follas moi reducidas. Follas de pequeno tamaño, palmado-divididas.
Flores hermafroditas, dispostas en acios con brácteas auriculadas. Corola bilabiada dunha cor amarela pálida e con esporón moi curto. Cáliz bilabiado, cos labios case iguais, separados case ata a base.
Reprodución
Posiblemente, tanto por sementes como por fragmentación de talos (vexetativa).
Hábitat
En charcos e pantanos de carácter ácido, como turbeiras planas oligótrofas no seo de turbeiras de esfagnos.
Distribución
Na maior parte de Europa, aínda que moi rara na rexión mediterránea. En Galicia é escasa e localizada.
Estado de conservación
Presenta as ameazas que afectan aos hábitats turbosos en que se desenvolven: modificacións na achega de auga, recheos, instalación de parques eólicos, etc.
Categoría de conservación
Vulnerábel.

Ficha (31 Kb)
