Descrición
O nome fai alusión á evidente disposición espiralada da inflorescencia. É unha planta perenne, con 3-5 tubérculos napiformes subterráneos. Talos erectos de entre 10-30 cm onde se encontran follas estreitamente lanceoladas de ata 12 cm e agrupadas na base. Inflorescencia en espiga de pequenas floriñas dunha cor branca. Florece en xullo e principios de agosto.
Reprodución
Entomógama.
Hábitat
Medra en lugares húmidos ou charcas estacionais, especialmente en zonas próximas ao mar.
Distribución
Centro e sur de Europa. Na península Ibérica é coñecida principalmente no norte.
Estado de conservación
É unha especie moi escasa, depende de hábitats moi específicos e que se encontran ademais en regresión. Así mesmo, o seu hábitat está moi afectado pola presión gandeira e urbanística.
Categoría de conservación
Vulnerábel.

Ficha (29 Kb)
