Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Solieria chordalis (Solieria chordalis)

Descrición

Especie perenne. Ramas cilíndricas que forman matas de cor vermella intensa que poden alcanzar tamaños de ata 20 cm de lonxitude e un diámetro de 1 mm. As ramas presentan un diámetro de 1 mm. Talos novos escasamente ramificados, mentres que nos adultos é característica a presenza dunhas ramiñas espiñentas de 1-2 cm de lonxitude que están situadas nun mesmo lado da rama.

Reprodución

O gametófito e tetrasporófito son similares. Pódense observar ás veces as ramas deformadas debido á formación de cistocarpos internos.

Hábitat

Vive sobre substrato rochoso en zonas onde as augas son tranquilas e de fondos areosos; tamén sobre maerl no infralitoral.

Distribución

Distribúese polo Nordeste atlántico e Mediterráneo.

Categoría de conservación

Vulnerábel.

Ficha (32 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS