Descrición
Pequena coralinácea de crecemento lento, libre e ramificada. Esta especie está fortemente calcificada, de cor azul violeta, de grosor variable entre 2-3 mm. Pode confundirse coa especie anterior.
Reprodución
O gametófito e tetrasporófito son similares. Nesta especie a reprodución sexual é moi pouco frecuente. Presentan conceptáculos asexuais multiporados.
Hábitat
Viven adheridos sobre cunchas ou outros substratos, dos que se desprenderán posteriormente para acumularse en zonas diferentes, formando capas sedimentarias importantes coñecidas co nome de maerl, na actualidade ambientes protexidos por Europa.
Distribución
Nordeste Atlántico y Mediterráneo.
Categoría de conservación
Vulnerábel.

Ficha (30 Kb)
