Descrición
Planta herbácea con bulbo de 15 mm do que emerxe un escapo e 2-3 follas lineares e acanaladas. Presenta unha única flor solitaria de cor amarela intensa, péndula, con 6 tépalos lineares curvados cara atrás. A coroa da flor ten a mesma lonxitude que os tépalos e o seu bordo é festonado. Estípula de igual lonxitude que a flor.
Reprodución
Entomófila. Florece en febreiro-abril.
Hábitat
Beiras de cursos de auga.
Distribución
Especie endémica de Galicia e norte de Portugal. En Galicia parece ser máis frecuente na provincia de Ourense.
Estado de conservación
A súas poboacións sufriron as consecuencias da alteración do réxime hidrolóxico dos ríos debido á instalación de centrais e minicentrais hidroeléctricas.
Categoría de conservación
Vulnerábel.

Ficha (27 Kb)
