Descrición
Herbácea cun bulbo de 15-20 mm do que saen as follas e un escapo que pode alcanzar os 15 cm de lonxitude. O escapo presenta unha única flor amarela colgante de marxe lobulada. A flor está protexida por unha bráctea membranosa.
Reprodución
Entomófila. As flores abren entre febreiro e maio.
Hábitat
En pastos e bosques caducifolios de áreas de montaña.
Distribución
Endemismo do cuadrante noroccidental da península Ibérica.
Estado de conservación
En xeral, as súas poboacións encóntranse nun estado de conservación relativamente aceptable. As súas principais ameazas son a destrución do seu hábitat e a recolección de flores.
Categoría de conservación
Vulnerábel.

Ficha (29 Kb)
