Descrición
Pequena coralinácea de crecemento lento, libre e ramificada. Esta especie está fortemente calcificada, de cor vermella alaranxada, e o seu grosor varía entre 2-3 mm.
Reprodución
Reprodución sexual moi pouco frecuente. Gametófito e tetrasporófito similares.
Hábitat
En biótopos dendríticos, a partir dos 15-20 m e ata os 50 m de profundidade. Distribúese polo infralitoral ou circalitoral dependendo da claridade das augas. Viven adheridos sobre cunchas ou outros substratos, dos que se desprenderán posteriormente para acumularse en zonas diferentes ás de procedencia para formar capas sedimentarias coñecidas co nome de maerl, as cales constitúen importantes hábitats de interese comunitario (DC 92/43).
Distribución
Nordeste Atlántico e Mediterráneo.
Categoría de conservación
Vulnerábel.

Ficha (37 Kb)
