Descrición
Planta herbácea de entre 10-40 cm de altura, levemente pilosa en follas e talos. As follas, estreitamente obovadas, dispóñense agrupadas nunha roseta basal. Na parte superior do talo dispóñense numerosas ramas floríferas formadas por flores distribuídas en longas espigas, de 3-8 cm, con espigas bastante grandes, de 7-10 mm, agrupadas en número de 1-3 por cada centímetro.
Hábitat
Plantas de marisma que habitan nos lodos salobres dos estuarios.
Distribución
Na península Ibérica distribúese pola costa cantábrica, aínda que hai moi poucas poboacións.
Estado de conservación
As súas poboacións diminuíron debido á alteración e transformación dos seus fráxiles hábitats.
Categoría de conservación
Vulnerábel.

Ficha (27 Kb)
