Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Hymenophyllum tunbrigense (Hymenophyllum tunbrigense)

Descrición

Este fieito de pequeno tamaño (3-10 cm) presenta un rizoma delgadísimo e filiforme, do que nacen as folliñas (frondes) con láminas pinnatisectas moi delgadas. O indusio que protexe os esporanxios está formado por dúas valvas membranosas case redondeadas, polo que os soros se parecen a pequenas bolsas.

Reprodución

Mediante esporas. A maduración das esporas ten lugar entre abril e setembro.

Hábitat

Vive en sitios de escasa altitude, sombríos e húmidos, sobre rochas ácidas, troncos, arroios e normalmente entre brións.

Distribución

Na península Ibérica só habita na cornixa cantábrica (A Coruña, Oviedo, Navarra, Santander e San Sebastián).

Estado de conservación

Ao vivir en hábitats moi concretos, as modificacións no arboredo poden alterar o microclima ata imposibilitar a súa supervivencia.

Categoría de conservación

Vulnerábel.

Ficha (39 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS