Descrición
Hemicriptófito de ata 80 cm de lonxitude. Está formada por talos cilíndricos, glaucos, glabros, onde se dispoñen entre 6-8 follas aciculares por verticilo. Flores de 2,5-3,5 mm de diámetro.
Reprodución
Hermafrodita con polinización entomófila.
Hábitat
Vive preferentemente nas marxes dos leitos fluviais en zonas pedregosas.
Distribución
Endemismo ibérico distribuído polo N da provincia de Ourense e S de Lugo, NE de Portugal e o E de Zamora e Salamanca.
Estado de conservación
Debido ao hábitat que ocupa este taxon, as principais ameazas que poderían afectarlle son a transformación de cursos de auga e o anegamento por encoros. A súa conservación pasa por incluír esta especie nos listados de protección oficial, crear bancos de xermoplasma e a realización dun seguimento das súas poboacións.
Categoría de conservación
Vulnerábel.

Ficha (30 Kb)
