Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Cardamine raphanifolia (Cardamine raphanifolia)

Descrición

Planta herbácea, perenne, glabra, que pode alcanzar unha lonxitude de ata 70 cm. Ten unha roseta basal da que sae un talo erecto e delgado no que se encontran follas lirado-pinnadas. As flores desta especie, agrupadas en acios terminais, teñen pequenísimos pétalos violetas ou brancos cando están a punto de desprenderse, e presentan unhas rechamantes anteras amarelas.

Reprodución

Florece en maio-xullo. Entomófila.

Hábitat

Vive en bordos de arroios e fontes, prados húmidos e sitios sombríos de bosques caducifolios, a 200-2000 m s.n.m. Pertence á clase Montio-Cardaminetea, que agrupa as comunidades fontinais pedinas, propias de augas temperadas ou temperado-frías, óligo-meso-éutrofas pouco contaminadas, polo xeral esciófilas.

Distribución

Endemismo do cuadrante NO da península Ibérica. En Galicia atópase en áreas de montaña das provincias de Lugo e Ourense.

Estado de conservación

Pouco común e sensible á alteración do seu hábitat.

Categoría de conservación

Vulnerábel.

Ficha (30 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS