Descrición
Planta perenne, algo leñosa. Os talos, deitados, poden alcanzar os 20 cm. As follas caulinas son alternas e ovado-espatuladas; as basais son circulares. Están cubertas de pequenísimos pelos estrelados. As flores agrupadas en espesos acios e os seus pétalos emarxinados son de cor amarela. O froito é unha pequena silícula coas valvas pilosas.
Reprodución
Florece de xuño a agosto.
Hábitat
Dunas e areais costeiros.
Distribución
Desde as costas atlánticas francesas ata Galicia.
Estado de conservación
A máis grave ameaza deriva da alteración do hábitat polo urbanismo e a constante pisadura das súas poboacións.
Categoría de conservación
Vulnerábel.

Ficha (31 Kb)
