Descrición
Pequena árbore perennifolia que pode alcanzar 10 m de lonxitude, coa codia dunha cor gris escura. Follas simples, ovado-lanceoladas, levemente pilosas por ambas as caras, algo coriáceas, lixeiramente dentadas. Face verde relucente e envés máis pálido e glauco. Flores brancas reunidas en acios.
Reprodución
Florece a finais da primavera (arredor de xuño) e os froitos maduran en outono.
Hábitat
Encóntrase nos bosques de montaña, en avesíos e gargantas sombrizas das montañas.
Distribución
Considérase unha reliquia do Terciario. En España atópase na metade norte. En Galicia está presente na provincia de Ourense, concretamente na serra do Xurés e no canón do río Arnoia, onde é escaso.
Estado de conservación
Os hábitats nos que medra vense afectados pola apertura de pistas para a explotación hidroeléctrica.
Categoría de conservación
Vulnerábel.

Ficha (31 Kb)
