Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Succisa pinnatifida (Succisa pinnatifida)

Descrición

Planta herbácea, perenne. As follas son de ovadas a pinnatisectas. As flores hermafroditas dispóñense en capítulos. A polinización prodúcese principalmente por abellas e abellóns e parece que a morfoloxía do froito podería permitir a dispersión (exozoocoria).

Demografía

Hai uns 100 anos, a especie era abundante polo menos no extremo SO de Galicia. Actualmente só se citaron catro poboacións. Parece que a competencia coas plantas da matogueira en que vive a acaba desprazando, pero obsérvase que se rexenera con rapidez tras os incendios ao ser eliminada a vexetación coa que convive e compite.

Hábitat

Vive nas zonas máis cálidas das uceiras-toxeiras, a miúdo tamén en ambientes sombríos e incluso con solos algo hidromorfos.

Distribución

Distribuída polo O e SO de Galicia. Só a poboación de Budiño se atopa dentro dun espazo protexido (LIC Gándaras de Budiño).

Estado de conservación

A principal ameaza que afecta esta planta posiblemente sexa a competencia coa vexetación con que convive, xa que parece desprazala con facilidade. Tamén lle afectan factores como a degradación do seu hábitat por pisadura, artificialización e creación de novas vías de comunicación.

Categoría de conservación

En perigo de extinción.

Ficha (29 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS