Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Scirpus pungens (Scirpus pungens)

Descrición

Planta perenne que presenta rizoma. Os talos solitarios teñen unha lonxitude de ata 1 m, e presenta un limbo foliáceo nas vaíñas superiores. A inflorescencia é superada por unha bráctea que parece prolongar o talo, con 2-6 espigas ovoides de glumas de cor parda e numerosas flores cada unha.

Demografía

Son coñecidas un total de nove poboacións que conteñen case 2 millóns de individuos.

Hábitat

Vive semisomerxida temporalmente en auga salobre no bordo de canais de drenaxe na cola dos estuarios, en cubetas rodeadas de canaveiras e xunqueiras anfibias, e incluso en charcas temporais próximas ao litoral.

Distribución

Presente no Complexo Ons-O Grove, LIC Baixo Miño, Monte e Lagoa de Louro e Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán (LIC Complexo Húmido de Corrubedo).

Estado de conservación

Algunhas poboacións han desaparecido a causa de construcións e recheos, ou pola invasión doutras especies.

Categoría de conservación

En perigo de extinción.

Ficha (25 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS