Descrición
Planta cun talo horizontal, subterráneo e ramificado. As follas presentan espiñas nas marxes. A súa alta capacidade de demografía vexetativa é grazas a un rizoma do que xorden novos individuos a partir dunha planta.
Demografía
Debido fundamentalmente á rareza do hábitat onde vive, existen poucas poboacións desta especie e son moi pequenas.
Hábitat
Vive en solos de turba con alto grao de humidade.
Distribución
Suroeste da península Ibérica e noroeste de África. En Galicia crese actualmente extinta. A última poboación coñecida, localizada en Pontevedra, desapareceu debido ao desecamento da turbeira de Gándaras de Budiño.
Estado de conservación
A maior ameaza para esta especie é o desecamento do seu hábitat, natural ou artificialmente. A competencia con Molinia caerulea tamén pode ser outra causa da súa desaparición.
Categoría de conservación
En perigo de extinción.

Ficha (29 Kb)
