Descrición
Arbusto anano que vive prostrado sobre o substrato. As follas teñen forma ovalada e presentan pelos. Na flor destaca un cáliz de cor verde-amarelenta, xa que carece de pétalos. Os seus froitos son consumidos por aves que participan na súa dispersión (endozoocoria).
Demografía
Fertilidade elevada, polo que durante a frutificación pode aparecer sobre a planta unha cantidade elevada de froitos. Os individuos necesitan chegar a un diámetro de 10 cm para poder xerar flores.
Hábitat
Desenvólvese exclusivamente sobre paredes calcarias verticais.
Distribución
En Galicia é endémico de Ourense, encóntrase unicamente no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra.
Estado de conservación
A destrución do hábitat é causada en gran medida pola explotación mineira de calcaria en forma de canteiras, unha das actividades económicas principais da comarca de Valdeorras. O parasito Puccinia coronata podería ter un efecto nocivo para esta especie, ao parasitar nos seus froitos.
Categoría de conservación
En perigo de extinción.

Ficha (33 Kb)
