Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Pilularia globulifera (Pilularia globulifera)

Descrición

Trátase dun pequeno fieito acuático que desenvolve un cauloide subterráneo ou rizoma de aspecto filiforme, moi ramificado. Ao longo dese rizoma xorden, en pequenos grupos, frondes erectas de ata 15 cm de lonxitude.

Reprodución

Este fieito vive somerxido gran parte do ano, aproveitando a primavera para producir as esporas no momento en que secan as áreas en que habita. Porén, esta planta tamén pode reproducirse de maneira asexual, multiplicándose por fragmentación do rizoma. Esta característica fai que, ás veces, orixine auténticos tapices ou céspedes sobre os solos en que vive.

Hábitat

Desenvólvese en zonas con encharcada temporal, ben sexan brañas, charcas de pouca profundidade, charcos, marxes de lagoas ou colas de embalses.

Distribución

Só está presente en áreas ligadas á Terra Cha.

Estado de conservación

Vese afectada polos cambios nos usos do solo, pola drenaxe e explotación de áridos nos seus hábitats preferentes.

Categoría de conservación

En perigo de extinción.

Ficha (44 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS