Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Paxariños (Linaria arenaria)

Descrición

Planta anual, de pequeno tamaño, tan só 15 cm, con talo piloso-glanduloso. Presenta follas elípticas de bordo enteiro. As flores encóntranse formando acios con pedicelos moito máis curtos que as brácteas. Corola de cor amarelenta, con esporón curto. Sementes de cor negra.

Demografía

En poboacións de difícil acceso presenta poboacións numerosas e densas (illa de Sálvora), pero en zonas turísticas descenden debido á presión que sobre elas se exerce. Os seus efectivos oscilan de maneira importante entre anos consecutivos, o que incrementa a súa vulnerabilidade.

Hábitat

Habita sobre dunas e areas relativamente asentadas. Se a presión que se exerce sobre ela é elevada tende a desaparecer.

Distribución

Na península Ibérica só se atopa en Galicia, onde vive en tres localidades: na illa de Arousa, na illa de Ons e na illa de Sálvora. Os LIC Complexo Ons-O Grove e Complexo Húmido de Corrubedo inclúen todas as poboacións desta especie. Ademais, Ons e Sálvora pertencen ao Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Estado de conservación

A pisadura que coincide coa floración e a artificialización do seu contorno fai especialmente sensible esta especie.

Categoría de conservación

En perigo de extinción.

Ficha (37 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS