Descrición
Fieito caracterizado por presentar cauloides rastreiros ou rizomas profusamente revestidos de pequenas follas duns 5 mm de lonxitude, non divididas e de cor verde amarela, dispostas en espiral. A súa morfoloxía fai que sexan confundidos, as máis das veces, con brións.
Os cauloides poden estenderse polo chan e conseguir os 20 cm de lonxitude. Deles emerxen xemas erectas.
Reprodución
Na parte apical dos gromos aparecen os soros, receptáculos onde se producen e gardan as esporas, células xerminativas características dos fieitos. Maduran entre os meses de xullo e setembro.
Hábitat
Reside en zonas de turbeira, pantanos, lugares encharcados, sempre en solos ácidos en ambiente con breixos e carqueixa.
Distribución
Encóntrase moi localizado en certos puntos das provincias de Lugo e Ourense caracterizados polo seu asolagamento temporal.
Estado de conservación
Moi sensible aos efectos producidos polo gando en réxime de semiliberdade e polas infraestruturas derivadas da posta en funcionamento de parques eólicos (camiños, estradas, áreas erosivas...).
Categoría de conservación
En perigo de extinción.

Ficha (40 Kb)
