Descrición
Pequena planta acuática. Pódense diferenciar dous tipos de follas: as follas somerxidas, que son lineares, e as flotantes ou aéreas, que son elípticas. As flores teñen unha corola composta por pétalos brancos coa base amarela. Os poucos froitos que se forman están dispostos á mesma altura.
Demografía
Se carece de competencia pode formar comunidades moi densas. A miúdo, as poboacións son moi flutuantes.
Hábitat
Planta que vive en ambientes húmidos; medra en bordos de charcas, lagoas, remansos de ríos e leitos superficiais.
Distribución
Forma varios núcleos poboacionais na Terra Chá (Lugo), a maior parte dos cales se encontran integrados na Rede Natura 2000.
Estado de conservación
Está fortemente fragmentada, presentando poboacións illadas sen posibilidade de intercambio xenético entre elas.
Categoría de conservación
En perigo de extinción.

Ficha (32 Kb)
