Descrición
Planta leñosa de talo ramificado de 10-30 cm. Follas en forma de roseta, con nerviación paralela. Espigas formadas por espiguiñas densas con dúas ou tres flores e unha bráctea externa. As flores son de cor azul-violácea, polinizadas por distintos insectos.
Demografía
Citouse un total de 16 poboacións.
Hábitat
Planta que vive en solos areosos.
Distribución
Endemismo da costa atlántica de Francia, España e Portugal. En España localízase no noroeste costeiro (occidente de Asturias, Lugo, A Coruña e Pontevedra). As poboacións da costa atlántica coruñesa e da Lanzada están incluídas en diferentes LIC.
Estado de conservación
A hibridación con Limonium binervosum e Limonium vulgare, a degradación do hábitat e a contaminación marítima (vertidos) son os principais factores que ameazan esta especie.
Categoría de conservación
En perigo de extinción.

Ficha (28 Kb)
