Descrición
Planta que sobrevive ás épocas desfavorables en forma de bulbo subterráneo (xeófito). Presenta as follas inferiores longas e as distais máis curtas e co limbo máis ancho. Talo terminado nunha soa flor, excepcionalmente dúas, de cor violácea.
Demografía
As poboacións desta especie encóntranse actualmente en regresión, especialmente as situadas a baixa altitude.
Hábitat
Vive en solos pouco profundos en comunidades de uceira, aínda que tamén pode habitar en fendas de grandes rochas graníticas.
Distribución
Localizada principalmente dentro do P. Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, os LIC Ancares-Courel e Carnota-Monte Pindo, e en Baltar (Ourense).
Estado de conservación
Os cambios no uso do solo e o coleccionismo constitúen as principais ameazas para esta especie.
Categoría de conservación
En perigo de extinción.

Ficha (32 Kb)
