Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Hymenophyllum wilsonii (Hymenophyllum wilsonii)

Descrición

É un fieito moi pequeno, con aspecto xeral de brión, que presenta un cauloide moi fino, liso, de mínima lonxitude. As súas follas ou frondes medran estendidas sobre o substrato, conformando un denso tapiz. Estas frondes son translúcidas, de cor verde oliva, e están profusamente divididas. Poden durar varios anos e crecer de forma indefinida.

Reprodución

Como en todos os fieitos, a reprodución realízase por medio de esporas, que son esparexidas polo vento cando maduran. Porén, esta especie tamén presenta reprodución asexual por ramificación e multiplicación do seu cauloide ou rizoma.

Hábitat

Alí onde reside tapiza grandes rochas básicas de orixe metamórfica e ecloxitas no fondo de vales fluviais con bosques de ribeira ben conservados de marcado clima oceánico.

Distribución

A nosa única poboación localízase no N da provincia da Coruña, na serra da Capelada.

Estado de conservación

As ameazas están na destrución do bosque de ribeira, no posible desvío do caudal do río para unha minicentral hidroeléctrica e no seu illamento xenético respecto doutras poboacións.

Categoría de conservación

En perigo de extinción.

Ficha (0 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS