Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Hydrocharis morsus-ranae (Hydrocharis morsus-ranae)

Descrición

Planta herbácea acuática, con talos rastreiros, longos e delgados (estoloníferos), non enraizados que flotan preto da superficie. Follas flotantes ou ocasionalmente emerxentes, de forma orbicular con bordo enteiro e cordadas na base. As flores femininas solitarias son olorosas, con nectarios que atraen os insectos; as masculinas aparecen en grupos de 2-3, con pedicelo alongado. Pétalos brancos coa base amarela. O froito é unha baga.

Demografía

En función dos cálculos realizados, a especie presentaría unha densidade de 40 individuos/40 m2.

Hábitat

Vive en lagoas permanentes, con baixa mineralización e con fondos ricos en materia orgánica. As formacións flotantes fórmanse nas zonas de augas remansadas.

Distribución

A poboación da Terra Chá (Lugo) é unha das poucas existentes na península Ibérica. Está situada dentro dun territorio protexido: o LIC Ladra-Parga-Támoga.

Estado de conservación

En Galicia, nos últimos anos, encontrouse unha nova localidade. Observouse que se reduciron notablemente as poboacións da península Ibérica. A aparición de especies invasoras como o cangrexo vermello americano e o fieito (Azolla filiculoides), xunto con outros, son os principais factores que inflúen na supervivencia desta especie.

Categoría de conservación

En perigo de extinción.

Ficha (30 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS