Descrición
É unha planta de aspecto xunciforme, con talo erecto (10-30 cm). Presenta un rizoma rastreiro e follas de forma filiformes e cor agrisada. Desenvolve unha espiga xeralmente de dúas flores nun acio ovoide terminal denso, de cor parda. A bráctea exterior é moito máis longa que o acio, e supéraa.
A polinización é anemófila, pero sábese pouco sobre o seu mecanismo de dispersión, aínda que o máis probable é que sexa por hidrocoria grazas ás flutuacións do nivel de encharcamento que poden ocorrer nas turbeiras onde vive a planta.
Demografía
Este taxon atópase nunha importante regresión.
Hábitat
Vive xunto a canles de drenaxe, en zonas turbosas máis ou menos chás e constantemente encharcadas.
Distribución
Situado ao longo da vertente cantábrica da península Ibérica, onde se encontra en regresión. En Galicia crese extinta, aínda que figura no Catálogo galego de especies protexidas.
Estado de conservación
Os seus hábitats son moi vulnerables á drenaxe, á excesiva achega de nutrientes e á pisadura e bebedura do gando. Esta especie ten unha escasa plasticidade ecolóxica, xa que crece en biótopos moi específicos, esixindo zonas especialmente encharcadas dentro da turbeira.
Categoría de conservación
En perigo de extinción.

Ficha (35 Kb)
