Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Genista ancistrocarpa (Genista ancistrocarpa)

Descrición

Arbusto espiñoso. As follas poden ser trifolioladas ou unifolioladas. O cáliz é lixeiramente piloso. Presenta flores hermafroditas con polinización entomófila realizada por diversos tipos de insectos. Froito con 10-30 sementes; a dispersión das sementes é por autocoria explosiva ao abrirse de forma brusca os legumes, como na maioría das leguminosas.

Demografía

Planta que se encontra en regresión debido á transformación das zonas húmidas en que vive, ademais da escasa fertilidade da especie (polo menos a poboación galega). Tamén é importante o ataque de patóxenos, que lle confire un aspecto moi enfermo. Está en grave perigo de extinción.

Hábitat

Vive en matogueiras encharcadas.

Distribución

En Galicia atópase exclusivamente en Pontevedra, concretamente no LIC Gándaras de Budiño.

Estado de conservación

A principal ameaza parece ser a súa baixa fertilidade e o parasitismo por fungos, ademais da contaminación de fábricas próximas e desmontes.

Categoría de conservación

En perigo de extinción.

Ficha (27 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS