Descrición
Planta de máis de 1,5 m de altura. Da roseta basal sae un ou varios talos terminados en inflorescencia cilíndrica. Presenta follas coriáceas, de bordo recortado, as da roseta basal case planas e de bordo pouco recortado.
Demografía
Existen algunhas poboacións, que presentan unha flutuación grande no número de individuos entre anos consecutivos.
Hábitat
Aínda que pode penetrar no sotobosque de carballeiras, prefire solos despexados, sendo especie pioneira na colonización de áreas acabadas de queimar.
Distribución
Localizouse na serra do Xurés e de Santa Eufemia e nos montes do Invernadoiro (Ourense), na serra do Candán (Pontevedra) e nos montes do Pindo (A Coruña). Están incluídas nos parques naturais de Baixa Limia-Serra do Xurés e Serra do Invernadoiro e nos LIC Serra do Candán e Carnota-Monte Pindo.
Estado de conservación
Unha poboación ameazada é a da serra do Candán debido ao seu baixo número de individuos. A poboación do Invernadoiro parece ter problemas de hibridación con E. duriaei subsp. duriaei. As poboacións poden verse desprazadas co aumento de vexetación de maior porte.
Categoría de conservación
En perigo de extinción.

Ficha (34 Kb)
