Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Erodium maritimum (Erodium maritimum)

Descrición

Planta anual ou bienal, con talos prostrados e follas lobulado-dentadas. Flores solitarias, raramente en parellas, hermafroditas, de pequeno tamaño e fráxiles. A corola ten pétalos de cor branco-rosada, a miúdo ausentes.

Demografía

A poboación sufriu unha importante regresión e presenta unha substancial variación anual no número de individuos por poboación.

Hábitat

En Galicia habita solos sen vexetación próximos ao mar, localizándose ademais en fendas de camiños empedrados e muros.

Distribución

Distribúese por toda a zona costeira occidental europea ata o mediterráneo central. En Galicia, as poboacións desta especie aparecen nas provincias da Coruña e Pontevedra. Están incluídas dentro do LIC Costa Ártabra.

Estado de conservación

Dependendo da súa situación estarán en maior ou menor medida ameazadas. Desta maneira, as poboacións situadas na isla Dragonera (Baleares) non están expostas ao estado de conservación, mentres que noutras localidades como Santo André de Teixido (A Coruña) poden estar afectadas pola elevada afluencia de visitantes, labores de sega e aclareo e labores de acondicionamento de camiños e muros (rozas e aplicación de herbicidas). De feito, a pequena poboación das illas Cíes desapareceu a consecuencia dunhas obras de acondicionamento de camiños realizadas na zona do faro.

Categoría de conservación

En perigo de extinción.

Ficha (39 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS