Descrición
Herba que forma un céspede. Brota de talos subterráneos con estolóns e bulbiños ganchudos. Os abrochos aéreos rematan en espigas con 2-7 flores. O aquenio presenta un tubérculo apical.
Planta hermafrodita, polinizada polo vento (anemocoria), cuxas sementes e bulbiños se dispersan primordialmente polo fluxo das mareas, aínda que podería dispersarse a novos territorios enganchada ás patas das aves (ornitocoria).
Demografía
Contabilizáronse catro poboacións que suman 15.665.857 individuos, os cales ocupan unha superficie de 1,03 hectáreas.
Hábitat
Medra no lodo de charcas de auga salobre.
Distribución
Poboacións dispersas por todo o litoral europeo. En España localízase en Asturias, Cantabria e Galicia. A poboación galega está presente no LIC Monte e Lagoa de Louro.
Estado de conservación
A contaminación das augas (mareas negras), xunto coas obras públicas, supoñen un alto risco para a supervivencia da especie.
Categoría de conservación
En perigo de extinción.

Ficha (42 Kb)
