Descrición
Planta hermafrodita. Follas raramente planas, levemente pilosas. Presenta unha lígula de máis de 3 mm, gluma superior con venas laterais pouco visibles e con aresta de máis de 5 mm, sobresaíndo da espiga, características estas que a diferencian doutras especies próximas.
Demografía
As poboacións españolas manteñen un aceptable número de individuos, en función da extensión da súa área de ocupación. A densidade varía en función da dinámica ou perda da área de ocupación potencial da especie.
Hábitat
Sempre habita ambientes moi húmidos, sometidos a inundacións periódicas (xunto a charcas e lagoas naturais ou en pasteiros do límite exterior de anegamento de pantanos artificiais).
Distribución
As poboacións galegas encóntranse na Coruña e en Lugo.
Estado de conservación
Os ritmos estacionais (exceso ou defecto de auga) e o pastoreo son os principais factores de ameaza nas poboacións de encoros, mentres que nas poboacións de charcas e lagos naturais a perda total de auga ou destes ambientes representa a principal ameaza.
Categoría de conservación
En perigo de extinción.

Ficha (28 Kb)
