Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Christella dentata (Christella dentata)

Descrición

Herbácea perenne, con rizoma rastreiro. Frondes de 60 a 115 cm, en multicaule, pilosas. Lámina pinnada, con pinnas de 15 a 25 pares, pinnatífidas, as basais claramente máis curtas que as medias. As pínnulas presentan o ápice truncado, son peludas polo envés e laxamente pilosas pola face. Soros sobre os nervios, orbiculares, equidistantes da marxe e do nervio medio. Indusio reniforme, densamente piloso. Esporas papilosas.

Rizomas moi resistentes que rebrotan tras perder as frondes. Non se observaron os gametófitos; todas as frondes son esporóxenas. As esporas dispérsanse pola auga ou polo vento. A maduración das frondes adoita producirse de xuño a marzo. No se observaron individuos xuvenís. O cultivo de esporas foi infrutuoso, por contaminación con fungos.

Demografía

Na península é unha especie en franca regresión. Semella que desapareceu a poboación ourensá e corre risco de facelo a gaditana.

A superficie de ocupación real é inferior a 5 km2. Detectouse unha diminución demográfica en case todas as poboacións.

Hábitat

En Ourense medraba sobre muros de granito (Asplenietea trichomanis) ligados a surxencias de augas termais. En ambos os casos o dominio potencial é de ameneirais. En Cádiz desenvólvese sobre substratos higronitrófilos con vexetación herbácea.

Distribución

Na península Ibérica as citas proceden exclusivamente de dúas localidades: Ourense, onde semella que desapareceu, e Cádiz. A especie chega ás illas Canarias.

Estado de conservación

A drenaxe do seu hábitat é o principal factor de ameaza. As poboacións peninsulares están en fase de desaparición.


Categoría de conservación
En perigo de extinción.

Ficha (33 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS