Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Chaetopogon fasciculatus subsp. postratus (Chaetopogon fasciculatus subsp. postratus)

Descrición

Herba anual que chega a alcanzar os 15 cm, con talos de prostrados a erecto-patentes. Inflorescencia en panícula estreita de ata 6 cm de lonxitude. Follas con lígula patente. Espigas con pedúnculos curtos e grosos que presentan de 1 a 3 flores. Aresta de tamaño similar á gluma (ata 5 mm).

Demografía

Con variacións importantes nos últimos anos. Ao parecer está extinta a poboación de Xuño (Porto do Son, A Coruña) e presenta unha apreciable expansión na enseada de Trece a causa dos incendios forestais.

Hábitat

Solos pouco profundos cun nivel de encharcamento variable, que experimentan un importante desecamento durante a época estival.

Distribución

Litoral do occidente de Galicia e Portugal. En Galicia está repartida en catro localidades: estuarios do Miño, Umia, Ulla e na enseada de Trece (Camariñas) (integradas nos LIC Costa da Morte, Complexo Ons-O Grove, Complexo Fluvial Ulla-Deza e Baixo Miño).

Estado de conservación

Exceptuando a mencionada poboación de Trece, o seu estado de conservación é alarmante. Vese ameazada por fenómenos de competencia natural, nomeadamente pola actividade humana (urbanismo incontrolado, realización de obras de acondicionamento e transformación da actividade agraria).

Categoría de conservación

En perigo de extinción.

Ficha (55 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS