Descrición
Esta especie presenta unha cuncha elíptica, sólida, con dentes ben desenvolvidos na articulación das cunchas. O seu tamaño é de ata 9 cm nos individuos adultos. Exteriormente a cor da cuncha é parda-negriza.
Reprodución
Como os restantes uniónidos posúe un desenvolvemento complexo, no que as larvas se fixan no corpo dun peixe hospedador que as transporta ata que os individuos xuvenís se desprenden e colonizan o fondo.
Alimentación
Son especies filtradoras que se alimentan de partículas en suspensión por medio dun sifón inhalante.
Hábitat
Vive en augas rápidas, limpas e ricas en calcio. Máis ocasionalmente poden vivir en augas tranquilas. Vive enterrado parcialmente no substrato de area ou gravas.
Distribución
Presente en case toda a península Ibérica.
Estado de conservación
Non se coñece cal é a especie de peixe hospedador que utilizan para a súa reprodución. É importante coñecela porque esta podería ser unha das fontes para o seu auxe nas nosas augas.
Categoría de conservación
Vulnerábel.

Ficha (34 Kb)
