Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Pernalonga (Himantopus himantopus)

Descrición

Deseño característico e inconfundible. O macho adulto ten o bico, as ás e a parte superior do corpo de cor negra. O resto do corpo é de cor branca. As patas, moi longas e delgadas, son de cor vermella. O bico é longo e fino. En época nupcial, desenvolve unha zona negra na parte superior da cabeza e do cocote. A femia é igual, aínda que máis acastañada.

Reprodución

Aniña en pequenas colonias, en depresións do chan preto das augas superficiais de lagoas. A mediados da primavera poñen unha única posta de 3-5 ovos que incuban ambos os proxenitores. Os polos camiñan ao pouco tempo de nacer.

Alimentación

Insectos, moluscos, crustáceos e pequenos peixes.

Hábitat

Estuarios, marismas, lagoas costeiras e de interior, encoros...

Distribución

A súa presenza no noso territorio e case testemuñal. Vese especialmente no verán, aínda que tamén pode aparecer nos pasos de primavera e outono.

Estado de conservación

Ameazada pola destrución e alteración do seu hábitat, como o desecamento de lagoas e zonas húmidas, a presión urbanística e o turismo...

Categoría de conservación

Vulnerábel.

Ficha (25 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS