Medio Rural
Escoitar arquivo de voz Pdf Imprimir

Papoazul (Luscinia svecica)

Descrición

Do tamaño dun pardal, presenta partes superiores pardas, dúas zonas arroibadas no lateral da cola, cella clara e partes inferiores abrancazadas. Porén, o trazo máis característico é a garganta, de rechamante cor azul, rodeada de cor arroibada e negra na súa parte inferior.

No noso territorio, o centro da garganta é de cor branca, típico da nosa subespecie Luscinia svecica cyanecula (medalla branca). A zona azul apágase en outono.

Reprodución

Aniña no chan en abas de serras e montañas. Ben entrado maio incuban de 5 a 7 ovos verde-azulados con manchas arroibadas. Os polos poden voar ao mes de nacer.

Alimentación

Come, sobre todo, insectos e larvas.

Hábitat

Matogueiras e sebes preto de ríos, regatos e lagoas. Tamén pode aparecer en marismas con abundante vexetación.

Distribución

A poboación residente é mínima e está focalizada nas serras do leste da provincia de Ourense. En inverno existe unha intensa chegada de exemplares do norte de Europa.

Estado de conservación

Ameazado pola alteración das zonas de matogueira en áreas de cría (infraestruturas e pistas de esquí).

Categoría de conservación

Vulnerábel.

Ficha (29 Kb)


© Copyright. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal
RSS